Saturday 04 de May de 2024

Un total de 32 nenos e nenas participan nos Campamentos de Nadal do Concello de Frades


Os Campamentos Municipais de Nadal do Concello de Frades, que veñen de comezar esta semana e que durarán ata o vindeiro 5 de xaneiro, reúnen a un total de 32 nenos e nenas en idade escolar. Un programa de conciliación da vida laboral e familiar ten lugar no CPI de Ponte Carreira e que está organizado polo Concello de Frades, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña. Nestes días de vacacións, a rapazada está a desfrutar de xogos, obradoiros, contacontos, actividades deportivas e moitas sorpresas de Nadal.